Terá lugar o sábado 3 de setembro ás 12 da mañá na praza Avelino Vicente.

19 actores e actrices de entre 13 e 18 anos dos grupos de FOCO (A Guarda) e ON&OFF (A Rioxa) actuarán na praza Avelino Vicente mostrando as pezas teatrais desenvolvidas desde o mes de abril dentro do proxecto Europeo Axentes AntiBulos.
Os mozos rioxanos ademais compartirán 4 días de traballo creativo e escénico co grupo de 10 mozos e mozas guardeses que participan no proxecto. O proxecto, que conta con financiamento europeo, está apoiado polo Concello dá Garda.