«O río que nos une» dende este fin de semana non é simplemente unha frase, senón a realidade dun proxecto que por fin se realiza. Entre o venres 24 de marzo e o domingo 26, case vinte rapaces compartiron as habitacións en madeira e pedra do histórico mosteiro de São João de Arga en Portugal. O obxectivo foi consolidar o encontro entre a mocidade de Caminha e de A Guarda, separados, precisamente, polo Río Miño. Foco e o seu staff queren que estes dous pobos creen unha conexión, ademais das diferenzas culturais. Sempre cunha intención pedagóxica, durante os tres días, fixeron xogos de equipo, creativos, para coñecerse máis intimamente: quen sabe, poden descubrir que teñen moitos intereses comúns!
O primeiro día, chegou todo o mundo ao mosteiro, curiosos por ver o paisaxe de marabillosa natureza ao redor. Preparadas as camas con cubertas e sacos de durmir, a cea veu de súpeto. Xa despois do primeiro momento, a comida amosouse como un perfecto momento de intercambio, charla e descanso tamén. Todos xuntos, prepara a cociña e limpa, axudándose uns aos outros. A primeira noite foi intensa: a pesar de conversas até tarde na noite, entre bromas e discursos máis profundos, aquí está o primeiro problema. Máis dun se queixou do frío!
Sen embargo, a mañá seguinte, para nada asustados por iso, todo o mundo levantouse bastante cedo para o almorzo, aínda cheos de enerxía e ganas de divertirse. O sábado, día máis intenso do fin de semana, comezan as verdadeiras actividades ao aire libre para crear un pouco máis o grupo. Todos teñen que colaborar, tanto en equipo como individualmente, vencendo a timidez e a barreira lingüística.
Pola segunda noite, organízase un intercambio cultural: a través de sketches teatrais, á metade improvisados e á metade deseñados polo grupo español e portugués, temos unha pequena representación dos clichés dos dous países, sempre en chave irónica e humorística.
O domingo, despois de durmir con algunha manta máis, as actividades continúan: esta vez, máis centradas en escenas e improvisacións teatrais, os rapaces aprenden que significa un conflito, como solucionalo e como eles e os personaxes que interpretan se relacionan. Quizais, algunha destas situacións trasladaranse á vida real tamén!
Ao final do día, con todas as mochilas empacadas, cada un volve ao seu pobo, con un pouco máis de conciencia e, tal vez, amigos novos. Nuns meses, este grupo volverase a reunir para ver que mudou entretanto!