O pasado venres 19 de Xulio comezou a 40 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, un evento moi recoñecido que atrae mostras escénicas de diferentes compañías a disposición do público nun ambiente festivo, rural e histórico como é o pobo de Ribadavia e os seus arredores. Durante dúas semanas, ofrécense diversas e vario pintas obras, actividades, exposicións e charlas, coas que deleitarse, aprender e desfrutar do arduo traballo dos especialistas; tanto nacionais, coma internacionais.
O sábado 20 de Xulio, no auditorio “Rubén García” que é un emprazamento mimetizado co antigo Castelo de Ribadavia, tivo lugar a representación dunha obra de danza contemporánea chamada “Zona Franca”, interpretada polos bailaríns e bailarinas da compañía “cia. Suave” de Brasil, e dirixidos por Alice Ripoll. Nesta obra mestúranse as danzas brasileñas con danzas de contacto, investigación vocal, límites do corpo…; abranguendo as esencias do Brasil tradicional e actual, para exponer una crítica social e política. Como pode o ser humano ser a causa da súa propia destrución? Estamos involucionando a medida que pasan os anos? Eles convídante a descubrilo
Dende o primeiro momento no que o espectador entra á zona de butacas, os artistas xa comezaron a súa performance, o que, engadido a que é una forma de amenizar ao público dende o principio, xa pon en contexto e situación, integrando á xente nun ambiente de favelas brasileiras. O máis destacable da escenografía son os 10 grandes globos negros e opacos colgados do teito, mecéndose lenta e misteriosamente.
A través de suaves e dinámicas transicións, os bailaríns en escena van representando diferentes situacións metafóricas que se poden relacionar facilmente con aspectos da vida. Con gran calidade técnica, os bailaríns amosan diversidade de movementos, na maior parte abstractos, e algunha coreografía conxunta. A medida que transcorre o tempo, as escenas vólvense máis aloucadas, grotescas e de maior sensibilidade, co que representan a decadencia da raza humana.
Falando de aspectos máis externos, tanto a música como as luces acompañan á perfección a intensidade dos momentos máis descontrolados, a tensión en momentos de inquedanza. Tanto o son como o apartado visual achegan moitísima forza e información, movéndose no mesmo plano que os actores.
Con todo, a pesar de ser unha obra abstracta e non convencional, presenta unha idea bastante clara. Aínda sen comprender unha mensaxe clara textualmente, a tensión que se apalpa no ambiente e o hipnótico do visual fai desfrutar da composición e vivila coma se estiveses dentro de ela.
“Zona Franca” é unha experiencia magnífica para ver cos ollos abertos, a mente aberta e o corazón aberto.