Saltar al contenido
Portada » Noticias » Moltoir, curso de formación de teatro e movemento en Izmir, Turquía

Moltoir, curso de formación de teatro e movemento en Izmir, Turquía

Do 15 ao 23 de febreiro


MOLTOIR
 é un curso de formación financiado polo programa Erasmus+ para artistas no uso de técnicas de movemento como ferramentas para mellorar o benestar, a confianza corporal e a positividade na xente nova, que terá lugar en Izmir (Turquía) do 15 ao 23 de febreiro de 2025 (datas de viaxe incluídas).

Durante o curso, participarase en obradoiros específicos en diferentes técnicas teatrais relacionadas co movemento polas mañás, e as tardes dedicaranse á creación de pezas de teatro.

—————

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:

  • Persoas maiores de 18 anos
  • Ter un nivel de inglés razoable
  • Estar dispoñible durante a semana da formación do 15 AO 23 DE FEBREIRO DE 2025 (datas de viaxe día 15 e día 23)

A participación é TOTALMENTE DE BALDE xa que todas as actividades son financiadas polo Programa Erasmus+ da Unión Europea, incluidos os viaxes, o aloxamento e as comidas.


Para realizar a SELECCIÓN teremos en conta os seguintes criterios. Mesmo que non cumprades todos, animamos a que vos inscribades:

  • Participación en outras actividades de FOCO – 3 PUNTOS
  • Residentes no Baixo Miño e Galicia – 3 PUNTOS
  • Experiencia teatral – 3 PUNTOS
  • Traballo activo coa mozidade – 3 PUNTOS

Hai 7 prazas dispoñibles

Unha vez realizada a selección, solicitaremos unha fianza de 100€ que devolveremos a semana seguinte á participación no proxecto. En caso de abandoar o proxecto, o participante deberá asumir todos os gastos incurridos pola organización.


Teléfono de contacto: 604030892

Email: [email protected]

DATA LIMITE PARA INSCRICIÓNS: 31/10/2024