Condicións da oferta:
- Xornada completa
- Contrato indefinido
- Salario de aprox. 22.000€ brutos anuais
- Na Guarda (Pontevedra)
- Incorporación en maio
- Inscrición na oferta a traves da páxina web da Fundación Santander
Búscase unha persoa para incorporarse como técnico/a de proxectos teatrais, xestionando subvencións de fondos europeos, coordinando proxectos con asociacións teatrais de toda Europa e a súa comunicación, facilitando obradoiros, acompañando a creación de pezas teatrais con mocidade e colaborando con institucións e asociacións locais.
Buscamos unha persoa creativa, proactiva, con ganas de aprender e traballar en equipo, capaz de adaptarse a novos retos e a contornas diversas e internacionais. Valoramos o entusiasmo e a iniciativa na xestión de proxectos, así como a habilidade para fomentar a participación activa da mocidade en procesos creativos e culturais.
Requírese dominio dos idiomas galego, castelán e inglés, e valorarase positivamente a experiencia no traballo con mocidade, así como nos campos das artes escénicas e/ou a mediación cultural. Tamén se terán en conta estudos en artes escénicas ou noutras áreas artísticas e culturais.
O posto de traballo é a xornada completa e presencial na localidade da Guarda.
O prazo de candidaturas é ata o 30 de Xaneiro na páxina web do programa Emplea Cultura da Fundación Santander, quen seleccionou a FOCO como unha das 10 entidades culturais de toda España para participar neste programa.