Saltar al contenido
Portada » Noticias » Obradoiros teatrais sobre medio ambiente

Obradoiros teatrais sobre medio ambiente

Desde FOCO ofrecémosvos impartir un destes obradoiros teatrais sobre medio ambiente completamente de balde no voso centro educativo, entidade, concello…

Estes obradoiros teñen unha duración de entre 50 minutos e 1 hora e media (adaptándonos ás vosas necesidades) e están destinados a persoas de entre 13 e 18 anos.


Estes son os temas que trata cada un dos obradoiros que podemos realizar:

1 – Contaminación das augas

Recrearemos, a través de improvisacións, a asemblea de veciños da obra Un inimigo do pobo de Ibsen.

2 – Incendios forestais

Exploraremos que elementos usaba Brecht nas súas obras de teatro para compartir as nosas opinións sobre as causas dos incendios forestais.

3 – Desastres naturais

A partir de exemplos de desastres naturais, os participantes crearán escenas teatrais que lles permitirá traballar as súas habilidades comunicativas.

4 – Contaminación do chan

Os participantes descobrirán que contaminantes se agochan baixo a terra e crearán escenas de teatro de obxectos.

5 – Contaminación do aire

Os participantes tomarán o papel de activistas e reclamarán medidas para a mellora da calidade do aire na súa contorna.


Estes obradoiros teatrais sobre medio ambiente son parte do proxecto Our Planet Acts que estamos a desenvolver con financiación da Unión Europea e en colaboración de entidades de Italia e Paises Baixos.

Contacto: [email protected] // 604 030 892