Saltar al contenido
Portada » Portfolio Items » Actividades teatrales para la inclusión social

Actividades teatrales para la inclusión social

Este proxecto nace tras completarse unha asociación estratéxica do programa Erasmus+ chamada Drama for Youth Work e que ten como obxectivo crear ferramentas para que os animadores xuvenís poidan utilizar exercicios de teatro no seu traballo diario para tratar temas de inclusión social, e máis especificamente:
a) Traballar con grupos específicos (por exemplo, inmigrantes, LGBTQI+).
b) Traballar con temas específicos de inclusión social (por exemplo, igualdade de xénero, antirracismo, xenofobia, etc.).
c) Traballar con etapas específicas do desenvolvemento do grupo (por exemplo,
xogos de vinculación, actividades de desenvolvemento, exercicios de concentración, etc.).
d) Traballar en xeral no ámbito da inclusión social cos mozos (resolución de conflitos, desenvolvemento do pensamento crítico, exploración do poder, etc.).
Tras a finalización deste proxecto, desde FOCO quérese profundar no traballo xa realizado e utilizar os resultados producidos durante ese proxecto para formar a traballadores xuvenís no uso do teatro con mozos e para tratar temas inclusivos, e tamén para atopar entidades que traballan a nivel europeo con quen comparte principios e valores e coas cales poder desenvolver proxectos a longo prazo (non só dentro de Erasmus+ pero tamén a través do CES, proxectos e colaboracións dixitais, outros programas europeos…).

Por tanto os obxectivos do proxecto son:

OBXECTIVO XERAL:

Promover o uso do teatro no traballo no ámbito da mocidade e o uso de actividades e practicas inclusivas nestas actividades, fomentando a reflexión e participación activa dos novos usuarios das actividades regulares das entidades participantes.


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
  1. Formar a 20 traballadores no ámbito da mocidade no uso de metodoloxías teatrais.
  2. Chegar a polo menos 120 mozos de 9 países distintos nas actividades de implementación do proxecto posteriores ao curso de formación DAFSI.
  3. Alcanzar a 15 traballadores xuvenís, responsables e técnicos de entes públicos e organizacións sen animo de lucro… no Baixo Miño.
  4. Establecer sinerxias entre organizacións europeas que compartan valores e principios; e con distinto grao de experiencia en proxectos de cooperación transnacional.
  5. A implementación de novos proxectos entre socios participantes do curso de formación DAFSI.
  6. Facilitar que outras organizacións e entes do Baixo Miño empecen a colaborar en proxectos europeos.

Novas