Formación
En FOCO impartimos actividades formativas para empresas, asociacións, seminarios e xornadas, cursos de formación… Para iso, ofrecemos un grupo de cursos formativos predeterminados (que poden adaptarse ás necesidades do cliente) pero tamén traballamos man a man cos nosos clientes para realizar cursos formativos creados ad hoc para as vosas necesidades.
Formacións temáticas
En FOCO, o noso equipo de formadores ten experiencia nun gran abanico temas. Podemos organizar programas formativos sobre estes temas con distintas duracións: medio día, día completo, 2 días, 3 días, 5 días e unha semana. Se necesitas unha acción formativa dunha duración diferente, non dubides en contactarnos. Os temas sobre os que podemos impartir formacións son:
- Xénero
- Diversidade LGTBI+
- Interculturalidad
- Dereitos humanos
- Participación xuvenil
- Medio ambiente
- Asociacionismo
- Inclusión social
- Formacións xenéricas en facilitación liderado de grupos, educación non formal, facilitación teatral, teatro, danza, creación de pezas teatrais…
- Podemos tamén adaptarnos ás vosas necesidades, se o tema que buscades non aparece nesta lista, non dubidedes en contactarnos.
Formacións prediseñadas
En FOCO, ademais de crear accións formativas singulares para a túa organización, tamén ofrecemos formacións prediseñadas. É dicir, podemos implementar actividades de aprendizaxe deseñadas e testeadas previamente polo equipo de formación de FOCO. A vantaxe destas accións é que, ao requirir unha menor preparación, estas resultan máis económicas, sen perder, iso se, a calidade que caracterizan todas as actividades desenvolvidas por FOCO.
Descubrindo as Intelixencias Múltiples a través do teatro
Cunha duración dunha xornada, descubriremos a teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner, explorando a través de actividades teatrais cada unha das distintas intelixencias.
Creación de proxectos
Con esta formación dunha duración dun día, poderás aprender que necesitas para levar a cabo un proxecto. Guiarémosche a través das distintas fases de calquera proxecto e axudarémosche a planificar os próximos pasos.
O teatro como ferramenta de inclusión social
Neste curso, cunha duración dunha semana, aprenderemos como podemos usar o teatro para exporlle aos nosos grupos cuestiones como a interculturalidad, o xénero, os dereitos humanos ou a liberdade. Este curso, totalmente testeado, xorde dos resultados do proxecto innovativo Drama for Youth Work.