Novas Teatrais – Editora de video e creadora de contido.

Estudante de Escenografía na ESAD de Galicia, ten especial interese pola iluminación e como esta afecta aos diferentes elementos escénicos. Explora tamén a implementación de video e espazo sonoro en escena.
Co-fundadora do Proxecto Pesquedellas en 2019 ten traballado previamente a divulgación cultural de cara á xuventude.
Actualmente rematando o seu ano na ESMAE do P.Porto busca oportunidades de prácticas para compaxinar co traballo en Novas Teatrais.