
Artífices é unha iniciativa de FOCO a través da cal os socios de entre 18 y 30 anos da asociación crean e xestionan actividades culturais e de lecer.
No proxecto Artífices levaremos a cabo sesións de formación semanais que se centrarán na xestión de proxectos e na facilitación de grupos mediante ferramentas teatrais, abordando temas como a análise de necesidades, o establecemento de obxectivos e as dinámicas de traballo en equipo, así como en habilidades en planificación, execución e seguimento de proxectos, incluíndo a asignación de roles, a xestión de orzamentos e subvencións, así como técnicas de facilitación teatral, como dinámicas grupais, movemento expresivo, traballo vocal e educación inclusiva. Peter Hussey proporcionará unha formación especializada tanto na facilitación de grupos xuvenís como na xestión de proxectos e actividades para a mocidade.
A continuación, o equipo creará e implementará polo menos tres proxectos desde cero, con simulacións de solicitudes de subvencións e aprendendo a xestionar aspectos financeiros e de comunicación. Estes proxectos estarán orientados a satisfacer as necesidades da comunidade local, cunha atención especial á mocidade de entre 12 e 17 anos.
Fases do proxecto artífices
Este proxecto consta de catro fases durante o ano de duración:

- Fase 1. Coordinación
- Fase 2. Formándonos: Nesta fase levaranse a cabo encontros semanais nos que o persoal de FOCO nos formará en dous ámbitos: a xestión de proxectos e a facilitación de grupos empregando ferramentas teatrais. Esta formación desenvolverase dentro dun contexto e cunhas metodoloxías propias da educación non formal. O proceso de aprendizaxe será, polo tanto, experiencial e práctico, centrado no desenvolvemento de competencias e autoxestionado polas persoas participantes, xa que seremos responsables do noso propio proceso formativo.
- Fase 3. Creando proxectos: Nesta fase, crearemos desde cero polo menos tres proxectos e levarémolos a cabo.
- Fase 4. Avaliación