O proxecto «Foro Novo do Baixo Miño» é unha iniciativa baixo a convocatoria de Erasmus+ – Proxectos de participación xuvenil (KA154-YOU) que ten como obxectivo principal fomentar a participación activa da mocidade da comarca do Baixo Miño, así como abordar as preocupacións e problemas que afectan a esta poboación para asentarse na comarca.
Obxectivos do Foro Novo do Baixo Miño
Fidelización da poboación nova: Os concellos do Baixo Miño teñen compartido con FOCO a preocupación pola falta de poboación nova de entre 18 e 30 anos, que é sen dúbida a maior perda demográfica na rexión. Con este proxecto, búscase coñecer cales son os obstáculos que teñen os mozos e mozas desta idade para migrar a outras partes de Galicia e de España.
Participación xuvenil: Existe a necesidade de involucrar á mocidade da comarca do Baixo Miño na toma de decisións e na expresión das súas preocupacións e necesidades. Isto implica crear oportunidades para que os mozos e mozas se involucren activamente no proxecto e na vida cívica das súas comunidades.
Expresión de inquedanzas: A mocidade da rexión ten preocupacións e problemas específicos que deben ser escoitados e abordados. Identifícase a necesidade dun espazo onde poidan expresar estas inquedanzas e traballar na procura de solucións concretas.
Inclusión na axenda política: O proxecto busca influír na axenda política da comarca, asegurando que as preocupacións da mocidade sexan tidas en conta polos representantes públicos locais. Isto require a creación dun proceso efectivo para comunicar e debater estas inquedanzas.
Novas do proxecto
Socios do Foro Novo do Baixo Miño
No proxecto Foro Novo colaboramos coas seguintes institucións: