Voluntaria Europea

Crecida aos pés dos Alpes italianos, amante da montaña, deixei o meu país cara a novas aventuras, esta vez, ao parecer, xunto ao Océano! De nena a miña curiosidade coincidía coas dúas actividades que agora máis me gustan: ler e moverme, signifique o que signifique esta palabra!
De feito, despois do instituto continuei a miña formación nunha escola profesional de circo, onde tamén onde tamén entrei en contacto co teatro físico e a danza contemporánea. E tamén entendín o moito que botaba de menos o sendeirismo na natureza.
Sempre levo comigo a curiosidade por descubrir os lugares e as persoas que atopo no meu camiño, tentando o mellor posible deixarlles algo de min e gardando anacos deles, para crecer e aprender a ver a miña vida con diferentes perspectivas.