O proxecto O RIO QUE NOS UNE é unha asociación de cooperación no ámbito da mocidade financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea cun financiamento de 17.164€. Este proxecto está coordinado por nós, FOCO.
Este proxecto reúne a 3 socios: a Câmara Municipal de Caminha, o Concello da Guarda, ademais de FOCO Neste proxecto as dúas institucións municipais colaborasen na implementación das actividades locais que facilitará FOCO.
Co proxecto O RIO QUE NOS UNE abordaremos o tema da participación xuvenil na políticas de mocidade municipais para aumentar a cooperación e cohesión de ambos municipios no deseño e implementación de iniciativas e actividades xuvenís. Para cumprilo, serán incluídos e habilitados procedementos e mecanismos para garantir a participación da mocidade no deseño destas actividades.
O proxecto divídese en dous partes: unha primeira fase de encontros entre mozos da Guarda e Caminha na que se establecerán as actividades que se propoñerán aos dous municipios a través dun proceso participativo; unha segunda fase na que levarán a cabo as actividades.
Será unha oportunidade para reflexionar sobre como cooperar entre os dous países, facilitar a comunicación entre os mozos e os representantes políticos.
O proxecto ten como obxecto establecer en cada municipio un mecanismo para que o novos pedan propoñer ao seu concello e deseñar actividades que sexa adaptado á realidade e habilidades dos mozos, prestando especial atención nos mozos de menos de 20 anos (quen máis afastadas e alleas ven ás institucións) e crear unha axenda de actividades xuvenís transfronteiriza conxunta. Con este proxecto, queremos potenciar un marco común europeo para a realización de actividades y participación xuvenil e fortalecer a nosa rede de organizacións xuvenís a nivel internacional.