RESUMO
Dende o inicio da pandemia por COVID-19 no ano 2020, a saúde mental dos nenos e adolescentes en España deteriorouse. Observouse un incremento de ata o 47 % nos trastornos de saúde mental nos nenos, e ata un 59 % nos comportamentos suicidas, en comparación cos datos de 2019.
TEATRO&BENESTAR propúxose actuar fronte a este grave problema, que non conta cos recursos suficientes para solucionalo. O servizo público de saúde da Rioxa conta tan só con 11 psiquiatras e 7 psicólogos clínicos para toda a comunidade, mentres que na comarca do Baixo Miño acaba de poñerse en marcha unha unidade de saúde mental ambulatoria no centro de saúde de Tui. En ambos casos, os recursos resultan ser insuficientes á luz dos datos da AEP sobre o deterioro da saúde mental na infancia e a adolescencia.
Ao problema da falta de recursos institucionais hai que sumar o risco transversal que se cern sobre a xuventude en relación coa vida virtual. Se ben Internet e as redes sociais facilitan o acceso á información e a xeración de novos vínculos, tamén entrañan o risco da desinformación, a viralización de bulos, o ciberacoso e a xeración de adiccións… Asuntos que impactan negativamente na saúde mental dos adolescentes, para os que esta vida virtual cada vez cobra maior importancia.
É por iso que resultou necesario desenvolver estratexias persoais e comunitarias para que a mocidade aprenda, en primeiro lugar, a recoñecer e etiquetar os problemas que lles impiden ter unha saúde mental plena e, en segundo lugar, a expresalos de forma asertiva. Dende este empoderamento, foi posible desenvolver medidas axustadas á súa realidade e que nacen das súas propias experiencias e investigacións, todo isto a través do teatro.
O proxecto T&B (Teatro e Benestar) creou un espazo creativo no que os mozos reflexionaron sobre o problema da saúde mental e desenvolveron estratexias para expresar os seus sentimentos e emocións, así como propoñer medidas efectivas ás institucións.
OBXECTIVOS DO PROXECTO
Obxectivo xeral:
Mellorar a capacidade de identificar, xestionar e compartir (expresar) sensacións, emocións, sentimentos, pensamentos e accións que poden relacionarse con enfermidades mentais transitorias ou permanentes; para compartir estes resultados de aprendizaxe con representantes públicos para que teñan en conta as necesidades específicas da xuventude á hora de desenvolver políticas e programas para mellorar a saúde mental.
Obxectivos específicos:
● Formar a 20 mozos na identificación, xestión e expresión de sensacións, emocións, sentimentos, pensamentos e accións que poden relacionarse con enfermidades mentais transitorias ou permanentes.
● Desenvolver 3 performances breves (15-20 minutos cada unha) para concienciar e evidenciar a existencia de enfermidades mentais transitorias e permanentes.
● Compartir os resultados e reflexións dos mozos con, polo menos, 10 representantes políticos e das administracións públicas a través dos eventos de participación política.
PERFIL DOS PARTICIPANTES
Ao longo do proxecto implicáronse:
- 31 mozos de 14 a 20 anos.
- 7 artistas e facilitadores xuvenís.
ACTIVIDADES
Neste proxecto realizáronse obradoiros teatrais semanais e ademáis 3 movilidades nas que os participantes da Guarda e La Rioja poideran compartir o traballo e crear xuntas:
Encontro 1 en Ezcaray (La Rioja)
Encontro 2 en Lugo
Encontro 3 en Munilla e mostra da obra en Logroño (La Rioja)